Ciencia Singular - Xornada de portas abertas no CiMUS
VIII XORNADA DE PORTAS ABERTAS – Ciencia Singular 23/11/2024
Programa CiMUS 2024
A xornada desenvolverase en 4 quendas durante todo o día ás 10h, 12h, 16h e 18h., cunha duración aproximada de 90 minutos e 55 persoas por quenda baixo rexistro previo. A apertura de inscricións será o día 19/11 ás 16:00 h na web https://cienciasingular.usc.es/
Os asistentes á súa chegada e tras realizar o rexistro se reparten da forma seguinte: os nenos irán directamente aos obradoiros infantiles de Ciencia Divertida situados no hall, mentres que maiores de 12 anos e adultos asistirán a unha charla divulgativa no Theatre room, e despois se dividirán en 2 grupos que rotarán para visitar os laboratorios da Plataforma Innopharma e participar nos diversos obradoiros de adultos localizados no hall.
BENVIDA AO CiMUS
Directora científica Mabel Loza
OBRADOIROS Ciencia Divertida – HALL
(recomendada para público infantil de 6-11 anos)
- Saúde bucodental: elaboración dun dentífrico natural
- A auga máxica, a auga que cambia de cor.
- Observando como científicos: células animais e vexetais
- Xenerador de electricidade estática Van de Graff. O corpo humano como circuíto divertido.
CHARLAS DIVULGATIVAS* – Theatre Room
10:00. “As enfermidades raras: retos e oportunidades.”Ángel Carracedo.
12:00. “Protonterapia: o poder do invisible” Yolanda Prezado.
16:00. “Investigación en Enfermidade de Parkinson”Ana Isabel Rodríguez Pérez.
18:00. “Como vivir 100 anos sen enfermidades do corazón” José Ramón González Juanatey.
VISITA AO LABORATORIO – Plataforma Innopharma e laboratorio de xestión automatizada de compostos – PSS e P-1
OBRADOIROS DE DIVULGACIÓN – HALL
(recomendados para público adolescente e adultos)
- O cerebro nas túas mans. #AñoCajal
- ¿Quen é a estufa na casa?
- ADN, cromosomas e divisións celulares.
- Ritmos biolóxicos e sono: claves para entender o teu cronotipo.
- Comer ou mal-comer, esa é a cuestión: a importancia da calidade dos nutrientes na dieta.
PROXECTO DE MECENADO “Sumo Valor”: Nano-radiofármacos contra o glioblastoma, o tumor cerebral máis agresivo. https://youtu.be/t6QmGEdZ_Ko
Actividade financiada polo Convenio de Colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a USC para o desenvolvemento de accións estratéxicas de I+D+i: