Skip to main content
Course

Medicamentos veterinarios: aspectos legais

Antonio César Montenegro Criado

Xefe de Área. Servizo de seguridade alimentaria das produccións gandeiras. Consellería de Medio Rural. Xunta de Galicia.

21 February 2024 13:00–14:00

Theatre room, CiMUS

Sobre:

No ámbito dos medicamentos, as consideracións legais abranguen as normativas sobre acceso e posesión, que dictan como se adquiren estes medicamentos e regulan o seu uso e obrigan a manter botiquíns veterinarios. Préstase especial atención aos antibióticos, cuxo uso está regulado por normas estritas. O marco abrangue protocolos para prescripcións excepcionais, en particular en relación cos medicamentos destinados ao uso humano ou o uso hostpitalario exclusivo dentro da práctica veterinaria. 

Bio:

Antonio Montenegro é Licenciado en Veterinaria con especialidade en Medicina e Sanidade pola Universidade de León. Participou en cursos destacados e ten unha ampla traxectoria profesional. A súa experiencia como veterinario abranque dende programas de erradicación de enfermidades ata a súa actual posición como Xefe da Área de Servizo de seguridade alimentaria das producións gandeiras na Consellería de Medio Rural, onde coordina programas de control de calidade do letie, rexistro de produtores diferenciados, control de medicamentos veterinarios e residuos en explotación.  Montenegro tamén participa en importantes comités nacionais, como o de Farmacovixiancia e o Programa Nacional de Control de Resistencia a Antibióticos. A súa sólida experiencia se respalda coa súa contínua contribución ao campo.  

NOTA: Dirixido a investigadores que traballan con animais de experimentación e queren ampliar aspectos legais relacionados co seu traballo. 

Os certificados de asistencia facilitaranse previa solicitude a cimus.xestion [at] usc.es (cimus[dot]xestion[at]usc[dot]es). Por favor, tede en conta que debedes rexistrarvos escribindo claramente o nome e os apelidos na folla impresa. Non nos faremos responsables de modificar os rexistros de aqueles que non o fagan.