Ir o contido principal

Modelos de colaboración

Networking/Open-Lab 

Dirixido a investigadores españois e internacionais, para visitar ou realizar estadías no CiMUS para a discusión e execución experimental colaborativa de proxectos científicos disruptivos, susceptibles dunha posterior transferencia conxunta. Este modelo está orientado á aplicación da ciencia en fases iniciais. Estes proxectos son xestionados a través de acordos que establecen fitos a curto prazo (experimentos "go/no-go") en colaboración co investigador principal, a forma de compartir os resultados e a súa difusión e protección no caso de que o proxecto avance. Esta actividade altamente atractiva permite que o CiMUS sexa un HUB para a innovación internacional en investigación biomédica.

Unidades mixtas e modelos open-innovation

Estes modelos facilitan a colaboración entre os organismos de investigación e as empresas para desenvolver e executar actividades innovadoras aliñadas con obxectivos estratéxicos de forma coordinada. Estas unidades réxense por acordos marco que definen a forma en que se comparten os resultados, así como a súa difusión e protección. Implican a conservación da titularidade das tecnoloxías e infraestruturas para a USC tras un período temporal (en xeral entre 5 e 10 anos). CiMUS conta cunha ampla experiencia na execución de proxectos colaborativos con empresas farmacéuticas e biotecnolóxicas. 

Contratos con alto valor engadido

Nestes programas realízanse diversos servizos baixo contrato. Xestiónanse mediante convenio/contrato con condicións técnicas e económicas esixidas por prezo e/ou orzamento en función das características do proxecto.