A Universidade de Santiago de Compostela pon en marcha Sumo Valor, un programa de mecenado que implica a empresas, persoas e institucións nas actividades, proxectos e servizos cos que a USC demostra a súa permanente conexión coa sociedade.
Se eres particular ou a través dunha empresa podes realizar achegas, que teñen dedución fiscal, contribuíndo a que proxectos de vital importancia polo seu potencial impacto na sociedade acaden os seus obxectivos. Non quedes fóra, suma valor.