Ir o contido principal
SUMO valor

Nano-radiofármacos contra o glioblastoma, o tumor cerebral máis agresivo

O glioblastoma é un dos cancros cerebrais máis agresivos, cunha supervivencia media inferior a un ano. Os avances no diagnóstico e tratamento deste tipo de tumor son, ata a data, moi pouco esperanzadores. 

Os grupos do CiMUS da USC dirixidos por Pablo Aguiar e María José Alonso prevén desenvolver unha nova xeración de radiofármacos capaces de chegar ao cerebro e, unha vez alí, dirixirse ás células tumorais cerebrais, exercendo a dobre función de diagnóstico temperán e tratamento. 

Para iso os investigadores baséanse nunha estratexia que fai uso da nanotecnoloxía para producir nano-radiofármacos, capaces de traspasar a barreira hematoencefálica, unha das máis resistentes do noso organismo e, finalmente, actuar con alta precisión no tumor cerebral Avanzar nesta liña de investigación podería supoñer un cambio paradigmático no tratamento do glioblastoma e outros cancros de difícil diagnóstico e mellorar notablemente a calidade e esperanza de vida.

 

A Fundación OC (Fundación Oscar Contigo) asinou un convenio coa Universidade de Santiago de Compostela para financiar o proxecto de investigación Nano-radiofármacos contra o glioblastoma. Por este motivo, as doazóns realizadas a través da Fundación OC sumaranse aos fondos obtidos a través do programa sumo valor. Calquera persoa que desexe facer unha doazón a través da Fundación OC pode facelo  nesta ligazón.

 
Entitade
Universidade de Santiago de Compostela
Data límite para a achega das doazóns