Ir o contido principal

Bolsas de Verán CiMUS: VII Edición

14 X Bolsas de Verán

ACTUALIZACIÓN 

O CiMUS da USC anuncia a VII edición do seu Programa de Bolsas de Verán «CiMUS Summer School», ofrecendo 14 bolsas dirixidas a estudantes de grao que desexen ter a súa primeira experiencia investigadora no Campo de Ciencias da Vida. As bolsas teñen como obxectivo a financiación de estadías de investigación no centro singular durante o próximo mes de xullo.

Durante a estadía do 1 ao 31 de xullo, os candidatos seleccionados terán a oportunidade de desenvolver un breve proxecto de investigación baixo a supervisión dun investigador principal do centro enmarcado dentro dos 2 programas de investigación: Mecanismos moleculares das enfermedades crónicas (obesidade, metabolismo, neuroloxía e cancro) e Novos fármacos e novas estratexias terapeúticas (cribado de fármacos, nanoentrega, medicina xenómica e radioteragnóstica). O obxectivo é que os estudantes se integren nunha contorna de investigación dinámica e competitiva e traballen en temáticas na fronteira do coñecemento. Ademais, poderán participar en todas as actividades científicas do centro.

As bolsas están dotadas con 750 € brutos máis unha axuda para alumnos/as non residentes en Santiago de Compostela destinada ao financiamento dos gastos de transporte, cun importe máximo de 250 € para estudantes de fóra de Galicia e ata 80 € para estudantes residentes noutros concellos de Galicia.



REQUISITOS
Os/as candidatos/as deberán ter superado o 55% dos créditos dos seus estudos de grao en Bioloxía, Farmacia, Medicina, Química ou de outra titulación relacionada, de calquera universidade, cunha nota media igual ou superior a 8,0 (en escala de 10).

SOLICITUDE
Os/as interesados/as deberán remitir a documentación requerida a través da Sede Electrónica da Universidade de Santiago de Compostela, usando o formulario de solicitude dispoñible na siguiente dirección : https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/InvestigacionBolsasVeran.htm. dirixido ao Servizo de Convocatorias e Recursos Humanos de I+D, antes do día 22 de maio ás 23:59 h (CEST). 

Xunto ao formulario de solicitude deberá anexarse a siguiente documentación:

  • Copia do expediente académico de grado ou título equivalente no que consten as calificaciones obtidas e con expresión da nota media en base 10. No suposto de ter realizado estudos no extranxeiro nun idioma diferente ao inglés, oexpediente deberá presentarse coa tradución oficial ao castelán ou galego.
  • Copia do xustificante da matrícula correspondente ao curso 2023/2024 ou documento acreditativo expedido pola universidade correspondente.
  • Currículum vitae da persona solicitante.
  • Carta de motivación coa expresión de interese na obtención da bolsa.
  • Selección por orden de preferencia de 5 grupos de investigación elexibles do centro.

A ordenación das solicitudes farase de acordo cos seguintes criterios, sobre una puntuación máxima de 10 puntos:

  • Expediente académico da persona solicitante, que suporá o 70% da valoración obtenida.
  • Currículum vitae presentando, no que se terán en conta as publicacións, premios e a formación relacionada co obxecto das bolsas, entre outros aspectos. Este apartado suporá o 20% de la valoración obtenida.
  • Expresión de interese das personas aspirantes formulada na carta de presentación, que suporá o 10% da valoración obtenida.

Máis información nas bases reguladoras da convocatoria ou enviando un email a cimus.xestion [at] usc.es (cimus[dot]xestion[at]usc[dot]es) co asunto [SUMMER2023].

Programa financiado polo "Convenio de Colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional dá Xunta de Galicia e a USC para o desenvolvemento de accións estratéxicas de I+D+i (2024)":

     
 

Deadline: