Buscamos un/unha estudante de doutoramento altamente motivado/a, con formación en bioloxía, para incorporarse ao noso consorcio BIOMBRT, recentemente establecido (Universidade de Santiago de Compostela, ASRN, IGR, Universidade de Pavía, CIEMAT, ENEA). Co apoio da PianoForte Partnership, investigaremos os efectos biolóxicos das variacións espaciais na distribución da dose co obxectivo de reducir as toxicidades en tecido san da radiación mediante unha técnica innovadora denominada radioterapia con minifeixe (minibeam radiation therapy, MBRT). Pioneira desta técnica, a coordinadora do proxecto, Yolanda Prezado (Universidade de Santiago de Compostela), demostrou que a MBRT ten potencial para reducir os efectos secundarios e mellorar a tolerancia á radioterapia de alta dose.
A persoa seleccionada estará baseada nun dos centros españois de excelencia en investigación, o CiMUS. O seu traballo centrarase en comprender os mecanismos de preservación do tecido san inducidos pola MBRT e combinará técnicas de irradiación de vangarda con análises multiómicas.
Interested candidates can contact Yolanda.prezado@usc.es, sending their CV and the contact details of two referees. The expected start date is 1 February 2026.
