O obxecto da presente convocatoria é a selección de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación que figuran no anexo da presente convocatoria.
O persoal contratado colaborará e traballará especifica e unicamente na actividade ou proxecto de investigación para o que é contratado, que é de carácter finalista e en todo caso non estrutural, mediante o financiamento externo a través da participación en convocatorias públicas ou privadas, subscrición de convenios, concesión de subvencións, etc., sen prexuízo do establecido na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao Servizo das administracións públicas.
A forma de provisión será a de concurso de méritos, a través da valoración dos criterios de baremación establecidos para cada praza.
Data de publicación: 04/04/2025.
Apertura de recepción de candidaturas: 07/04/2025
Data peche de candidaturas: 11/04/2025 23:59
Revise o documento da convocatoria máis abaixo.
Publicada a listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluidas. (Ver documento máis abaixo)
Data de publicación: 15/04/2025.
Apertura recepción de enmendas: 16/04/2025
Data fin enmendas: 21/04/2025 23:59
Publicada a listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluidas. (Ver documento máis abaixo)
Data de publicación: 22/04/2025.
NOVO: Publicadas as Propostas das Comisións Especializadas de Selección (Ver documento máis abaixo)
- Ref. Praza 2018-PI169
- Ref. Praza 2023-PG120
Data de publicación: 02/05/2025.
NOVO: Publicada a Resolución da Dirección do CiMUS (Ver documento máis abaixo)
Data de publicación: 02/05/2025.
cimus.rrhh@usc.gal (This e-mail does not accept candidatures)
