O obxecto da presente convocatoria é a selección de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación que figuran no anexo da presente convocatoria.
O persoal contratado colaborará e traballará especifica e unicamente na actividade ou proxecto de investigación para o que é contratado, que é de carácter finalista e en todo caso non estrutural, mediante o financiamento externo a través da participación en convocatorias públicas ou privadas, subscrición de convenios, concesión de subvencións, etc., sen prexuízo do establecido na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao Servizo das administracións públicas.
A forma de provisión será a de concurso de méritos, a través da valoración dos criterios de baremación establecidos para cada praza.
Data de publicación: 12/06/2025.
Apertura de recepción de candidaturas: 13/06/2025
Data peche de candidaturas: 19/06/2025 23:59
Revise o documento da convocatoria máis abaixo.
Publicada a Corrección de Erros da Convocatoria (Ver documento máis abaixo)
Data de publicación: 24/06/2025
Publicada a listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluidas. (Ver documento máis abaixo)
Data de publicación: 25/06/2025.
Apertura recepción de enmendas: 26/06/2025
Data fin enmendas: 27/06/2025 23:59
Publicada a listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluidas. (Ver documento máis abaixo)
Data de publicación: 01/07/2025
Publicada a Proposta da Comisión Especializada de Selección (Ver documento máis abaixo)
- Ref. Praza 2018-PI010
- Ref. Praza 2021-PN219
- Ref. Praza 2024-PN043
Data de publicación: 11/07/2025
NOVO: Publicada a Resolución da Dirección do CiMUS (Ver documento máis abaixo)
Data de publicación: 14/07/2025
cimus.rrhh@usc.gal (This e-mail does not accept candidatures)
