Investigador/a para proxecto de prevención de gripe - Smart Vitamins, S.L.
Financiación: Programa Investigo (axuda para a contratación de xoves menores de 30 anos)
Requerimentos: Ter menos de 30 anos, estar desempregadas e inscritas como demandantes de emprego.
Descrición do posto:
Smart Vitamins é unha spin-off biofarmacéutica nada do laboratorio da profesora María José Alonso, líder mundial en nanomedicina, no CiMUS da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Smart Vitamins dedícase ao desenvolvemento de terapias innovadoras mediante nanovehículos intelixentes baseados en combinacións sinérgicas de nutrientes esenciais e/o fármacos, co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas. Grazas á súa nova tecnoloxía, Smart Vitamins demostra o seu extraordinario potencial en áreas como o tratamento de enfermidades autoinmunes, a prevención de infeccións respiratorias ou o desenvolvemento de tratamentos oftalmolóxicos e dermatolóxicos, entre outros.
En Smart Vitamins buscamos incorporar a unha persoa para colaborar nun proxecto de investigación sobre unha nova terapia intranasal para previr a gripe e outros virus respiratorios. Traballarás nunha contorna innovadora dentro dunha empresa biotecnolóxica en crecemento, participando nas etapas finais de desenvolvemento dun produto sanitario baseado en nanotecnoloxía.
Tarefas principais:
-Apoio en estudos de mecanismo de acción e ensaios in vivo.
-Colaboración na preparación dun ensaio clínico en humanos.
-Participación en tarefas relacionadas coa regulación e a marcado CE.
-Traballo en equipo no laboratorio, xunto ao persoal investigador e técnico.
Perfil buscado:
-Estudos en biotecnoloxía, farmacia, bioloxía, química ou similar. Valórase positivamente posuír doutoramento.
-Interese pola investigación en saúde e produtos sanitarios.
-Valorable experiencia en laboratorio ou estudos preclínicos.
-Persoa responsable, con ganas de aprender e achegar.
Que se ofrece:
-Participación nun proxecto con aplicación real en saúde pública.
-Formación en procesos de I+D e desenvolvemento de produto sanitario.
-Bo ambiente de traballo nun equipo novo e innovador.
