Ir o contido principal

Ofrécese contrato e posibilidade de realizar un Traballo Fin de Máster e/ou unha Tese Doutoral – Platelet Proteomics Group

TFM e/ou Tese Doutoral

Buscamos unha persoa candidata para realizar un Traballo Fin de Máster (TFM) e/ou unha tese doutoral (ofrécese un contrato dun ano e a posibilidade de optar a convocatorias propias do CiMUS ou a contratos predoutorais financiados pola Xunta de Galicia) no Platelet Proteomics Group do CiMUS. Requírese que a persoa solicitante conte cunha nota media no grao superior a 7,5 sobre 10.


O proxecto de tese centraríase nunha das liñas de investigación financiadas do grupo, dirixida polo profesor Ángel García, enfocada en estudos de plaquetas e vesículas extracelulares destinados á identificación de biomarcadores e dianas terapéuticas na obesidade e na enfermidade cardiovascular. Este proxecto dá continuidade a varias teses de doutoramento do grupo que actualmente se están completando con éxito. A persoa seleccionada traballará baixo a supervisión do profesor García e de estudantes de doutoramento do grupo expertas nesta área de investigación.


O proxecto inclúe estudos proteómicos e funcionais das plaquetas, así como a modulación da súa interacción co endotelio, mediante a realización de ensaios in vitro (agregación, spreading e activación plaquetaria) e modelos ex vivo (microfluídica e sistemas vessel-on-a-chip), entre outros.


Para máis información, pode visitar a páxina web do grupo.

You may also contact the Principal Investigator (PI), Prof. Ángel García, at: angel.garcia@usc.es

Deadline: