VI Edición de Contratos de Iniciación á Investigación para doutorandos do CiMUS
Ofrécense 6 contratos a tempo completo. A relación contractual cos candidatos seleccionados terá unha duración máxima e improrrogable de 12 meses, e cada unha das contratacións estará dotada dun salario bruto total de 1.266,99 €/mes.
Xornada laboral
Tempo completo (35 horas semanais), 09:00-13:00 e 15:00-18:00 h
REQUISITO
Para concurrir a esta convocatoria, os solicitantes deberán cumprir as siguientes condicións:
- Licenciatura, enxeñaría, arquitectura, (300 créditos ECTS) ou inferior a 300 ECTS con máster universitario, ou equivalente.
- Estar admitidas nun Programa de Doutoramento da USC e cun director/a de tese que sea IP/Investigador/a do CiMUS.
- Os solicitantes deberán aportar un compromiso firmado para a realización da tese no CiMUS, baixo a supervisión dun investigador líder nun grupo do CiMUS.
A persoa seleccionada, no momento de firmar o contrato deberá:
• estar matriculada no Programa de Doutoramento no curso académico 2023/2024 na USC.
• firmar unha declaración de ter ou non disfrutado de outras axudas/contratos, dirixidas á súa formación predoutoral.
SOLICITUDES
As solicitudes do proceso selectivo deberán cumprir cos requerimentos establecidos na convocatoria eser remitidos a través da Sede Electrónica da USC, mediante o formulario de solicitude dispoñible na siguiente ligazón e seleccionar a convocatoria 03/2024 Plaza 2022-LU128, dirixido ao Servizo de Convocatorias e Recursos Humanos de I+D.
Documentación a presentar:
- Curriculum Vitae (pdf) destacando os méritos a valorar
- Copia da certificación académica na que consten as notas obtidas nos seus estudos. So para estudantes de fóra da USC.
A información completa sobre estos contratos e os requisitos para presentar candidaturas poden consultarse nas bases da convocatoria.
Data límite:
O prazo de presentación de solicitudes remata o 1 de febreiro.
En caso de cualquier problema con la solicitud, por favor contactad por correo a (cimus.xestion@usc.es) indicando en el asunto del correo "Contratos Iniciación 2024”