Atlas™ Imaging System demonstration
Technical specialists from LICORbio.
LICORbio
Theatre room, CiMUS
Realizarase unha demostración práctica do Atlas™ Imaging System de LICORbio, unha plataforma deseñada especificamente para a análise de modelos celulares tridimensionais, incluídos organoides, esferoides e sistemas de co-cultivo.
O sistema Atlas constitúe unha solución de nova xeración para o cribado baseado en imaxe, que permite obter información máis profunda e consistente a partir de cultivos celulares en 2D e 3D, ao tempo que integra os procesos de adquisición e medición nunha única plataforma eficiente. Este enfoque reduce a probabilidade de erro, acelera a toma de decisións e optimiza o uso dos recursos en ámbitos como a bioloxía espacial, o desenvolvemento de fármacos e a investigación traslacional. O sistema está baseado en máis de trinta anos de experiencia de LICORbio en tecnoloxías de imaxe por fluorescencia.
Entre as súas principais capacidades inclúense:
Adquisición de placas completas en menos dun minuto, sen necesidade de realizar procesos de stitching nin correccións posteriores.
Imaxe de pocillo individual con alta resolución.
Máis de 30 canles de detección, desde fluorescencia UV ata infravermello próximo, ademais de canles de luminiscencia.
Obtención de apilados Z e proxeccións 2D, axeitadas para a análise de estruturas tridimensionais complexas.
Este sistema resulta especialmente indicado para traballos relacionados co modelado de enfermidades, a descuberta de fármacos e o estudo de interaccións celulares complexas, proporcionando resultados de alta calidade en menos tempo e cun menor número de pasos operativos.
As persoas interesadas poden rexistrarse neste evento cubrindo o seguinte formulario: https://forms.gle/ccUpWFtELw81QZxC9
Entregaranse certificados de asistencia previa solicitude en cimus.xestion [at] usc.es (cimus[dot]xestion[at]usc[dot]es). Por favor, non esqueza escribir o seu nome e apelidos no impreso que se lle entregará durante a sesión.
