Ir o contido principal
Event

Ciencia e cine en feminino

Saray Busto Ulloa

Mercedes Conde Amboage

Elena Vázquez Cendón

Profesoras de Matemática Aplicada e Estadística e Investigación Operativa

9 Marzo 2026 16:30–20:00

Theatre room, CiMUS

Proxección especial de Hidden Figures polo 8M no CiMUS
O Comité de Diversidade, Equidade e Inclusión do CiMUS organiza, con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller (8M), un acto especial que terá lugar o 9 de marzo ás 16:30 h na Theatre Room do CiMUS.
O evento consistirá na proxección en versión orixinal subtitulada da película Hidden Figures, precedida dunha breve introdución a cargo das profesoras:

Saray Busto Ulloa, Profesora de Matemática Aplicada
Mercedes Conde Amboage, Profesora de Estatística e Investigación Operativa
Elena Vázquez Cendón, Catedrática de Matemática Aplicada

Ao rematar a proxección, as asistentes e os asistentes poderán gozar dun espazo distendido de conversa sobre a película coas invitadas, acompañado dun aperitivo e refrescos.

Axenda:
16:30 – 17:00: Introdución
17:00 – 19:00: Proxección da película
19:00 – 20:00: Charla e aperitivo

O aforo da sala é limitado, polo que será necesario realizar inscrición previa a través do seguinte formulario.