Ir o contido principal
Commercial workshop

Demo Axioscan 7

Ivan González & Rocío Moreira

Grupo ZEISS

19/05 10:00 - 20/05/2026 14:00

CiMUS, P2L4

O Axioscan 7 é un escáner de portaobxectos de campo claro, fluorescencia e polarización que permite dixitalizar de forma automatizada, rápida e eficiente un gran número de portaobxectos sen necesidade de estar diante do microscopio. Grazas a esta automatización, poderá dixitalizar completamente as súas mostras en alta resolución, garantindo a súa preservación a longo prazo e a fácil recuperación dos datos. Así mesmo, a dixitalización dos portaobxectos tamén facilitará o intercambio das imaxes con todos os seus colaboradores.

As persoas interesadas en probar o equipo deberán traer as súas propias mostras. Para iso, deberán inscribirse a través do seguinte formulario.

 

Entregaranse certificados de asistencia previa solicitude en cimus.xestion [at] usc.es (cimus[dot]xestion[at]usc[dot]es). Por favor, non esqueza escribir o seu nome e apelidos no impreso que se lle entregará durante a sesión.