Ir o contido principal
Commercial workshop

Demo Pala Single Cell Sorter and Dispenser

Dr. Ahmed Shaaban

Advanced Field Application Scientist. Bio-Techne.

16/06 10:00 - 17/06/2026 14:00

P2L4; CiMUS

O Pala Single Cell Sorter and Dispenser (Bio-Techne) é un sistema de sobremesa deseñado para o illamento, clasificación e dispensación de células individuais de forma automatizada. Combina tecnoloxías de microfluídica, citometría de fluxo e dispensación de líquidos, permitindo identificar e illar células mediante fluorescencia e depositalas en placas de 96 ou 384 pocillos en poucos minutos.

O equipo destaca pola súa rapidez, facilidade de uso e tratamento suave das mostras, operando a baixa presión para preservar a viabilidade celular. Ofrece alta precisión na dispensación de células únicas e permite traballar con distintos tipos celulares, en aplicacións de bioloxía celular avanzada, desenvolvemento de liñas celulares, edición xenética ou estudos de célula única.

16 de xuño

  • 09:00 – 10:00: Presentación do sistema (Theatre room, CiMUS).
  • 10:00 – 12:00: Instalación e configuración de Pala.
  • 12:00 – 13:00: Descanso para comer.
  • 13:00 – 15:00: Experimentos do Grupo 1.
  • 15:00 – 17:00: Experimentos do Grupo 2.

17 de xuño

  • 09:30 – 11:30: Experimentos do Grupo 3.
  • 11:00 – 17:00: Aberto para mostras de última hora.
     

O persoal investigador interesado poderá traer as súas propias mostras para probar as prestacións do equipo e o seu funcionamento. Para se rexistrar, por favor, cubra o seguinte formulario.