Día das Rapazas nas TIC. Promoción e difusión do eido tecnolóxico con perspectiva de xénero
María José Rodríguez Malmierca
Centro de Supercomputación de Galicia
Theatre Room, CiMUS
Ciclo de conferencias sobre Equidade de xénero e Inclusión
sexta charla do Ciclo de conferencias sobre equidade de xénero e inclusión organizado polo CiMUS.
Resumo:
O CESGA leva, dende 2012, moi comprometido coa promoción do eido tecnolóxico con perspectiva de xénero, dada a infrarrepresentación da muller no sector. Para iso, celebra un evento, no que participan centos de estudantes de primaria e secundaria de toda Galicia, dirixido a dar visibilidade ao colectivo de mulleres emprendedoras no eido das TIC, así como ofrecer un espazo de intercambio e comunicación entre elas e as rapazas e rapaces.
Bio:
María José Rodríguez Malmierca traballa no departamento de E-learning e colaboración do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) desde 1999 como analista de e-learning. O seu traballo consiste en apoiar a investigadores educativos e profesores a aplicar as TIC ás súas prácticas e proxectos, colaborando con outras institucións da UE para explorar as posibilidades do e-learning en proxectos comúns. O seu doutoramento trata sobre a integración da computación en nube nos procesos de ensino e aprendizaxe, principalmente en escolas rurais/illadas.
Esta charla vaise impartir en Galego.
Facilitaranse certificados de asistencia previa solicitude a cimus.xestion [at] usc.es (cimus[dot]xestion[at]usc[dot]es). Rógase ter en conta a inscrición escribindo claramente o nome e apelidos na folla impresa. Non nos faremos responsables de modificar os rexistros de quen non o faga.