Droplet Digital PCR: ddPCR por multiplex razones
Raquel Cuéllar Gómez
Field Applications Specialist
CiMUS, Theatre room
Máis de 11.900 publicacións científicas e 109 estudos clínicos validaron a tecnoloxía Droplet Digital PCR de Bio-Rad Laboratories en investigación, diagnóstico clínico, sanidade animal, control de calidade alimentaria e biofarmacéutica, demostrando a súa utilidade desde o seu lanzamento hai máis dunha década.
Como tecnoloxía de terceira xeración de PCR, a ddPCR ofrece a cuantificación absoluta, cunha sensibilidade e precisión excepcionais, de ADN, ARN ou células vivas en mostras de baixa abundancia ou alta complexidade, sen necesidade de curva estándar.
Neste seminario presencial, descubre:
- O poder da partición en nanogotas e as vantaxes da tecnoloxía fronte á qPCR ou NGS.
- As aplicacións máis relevantes da tecnoloxía Droplet Digital PCR:
- Detección e cuantificación de eventos/mutacións pouco frecuentes.
- Variación no número de copias (CNV) e análise de ligazón.
- Detección e cuantificación da edición xenética.
- Análise da expresión xénica en mRNA, miRNA, lncRNA e célula única.
- Avaliación de patróns de metilación.
- Integración co fluxo de traballo NGS.
- Optimización experimental e deseño de ensaios Droplet Digital PCR.
- Fluxo de traballo: sistemas QX, consumibles, ensaios e kits.
Entregaranse certificados de asistencia previa solicitude a través do correo cimus.xestion [at] usc.es (cimus[dot]xestion[at]usc[dot]es). Por favor, non esquezas escribir o teu nome e apelidos na folla que se repartirá durante a xornada.
