Ir o contido principal
Event

G-NIGHT - A noite Galega. Noite Europea das persoas investigadoras. Santiago de Compostela

29 Setembro 2023 18:00–21:00

Claustro do Colexio de Fonseca, Universidade de Santiago de Compostela.

A Noite Europea das Persoas Investigadoras é un evento de divulgación científica que se celebra de forma simultánea en cidades de toda Europa o último venres de setembro. O persoal investigador é o protagonista, amosando a diversidade da ciencia e a tecnoloxía e o seu impacto na vida da cidadanía. Esta iniciativa está organizada dentro do programa marco H2020 a través das Marie Sklodowska-Curie actions (MSCA).

Por terceiro ano consecutivo, O CiMUS participará nesta xornada que se levará a cabo en Santiago de Compostela con varios obradoiros científicos do centro para todos os públicos:

  • "Biotecnoloxía con cores" (taller de ADN -Grupos Molecular Oncology Laboratory & DNA Repair and Genome Integrity). Empregando ingredientes que se atopan en calquer cociña, extraeremos con vós ADN de amorodos. Ademais amosaremos un método que se emprega a diario nos laboratorios para poder ver o ADN facilmente.

    Con cultivos "coloreados" de bacterias poderemos ver como manipulando o xenoma somos capaces de modificar algunhas características dos seres vivos. Pequenos cambios no "código" fan que cambie a súa cor.

  • "A locomotora da vida" (taller de corazón - Grupo Cardiovascular Area). "Cando unha porta se pecha, ábrese outra”. Sabes que o teu corazón o fai de forma rítmica 100.000 veces ao día, bombeando máis de 7.500 litros de sangue sen parar! Podería encher o depósito do teu coche máis de 100 veces! Pero, que pasa cando algo sae mal?…Neste obradoiro amosarémosche a estrutura do corazón e como funciona. Veremos os problemas máis frecuentes e a mellor forma de coidalo.

    A Universidade de Santiago de Compostela é unha das entidades organizadoras. 

    Para máis información: gnight.gal