Event
G-NIGHT - A noite galega. Noite europea dos investigadores. Santiago de Compostela
26 Setembro 2025 18:00–21:00
Claustro do Colexio de Fonseca, Universidade de Santiago de Compostela.
A Noite Europea dos Investigadores é un evento de divulgación científica que se celebra simultaneamente en cidades de toda Europa o último venres de setembro. Os investigadores son os protagonistas, mostrando a diversidade da ciencia e a tecnoloxía e o seu impacto na vida dos cidadáns. Esta iniciativa organízase no marco do programa H2020 a través das Accións Marie Sklodowska-Curie (MSCA).
Por quinto ano consecutivo, o CiMUS participará nesta xornada, que terá lugar en Santiago de Compostela, con talleres científicos para todos os públicos:
- "Xogando na cociña con cores" (Molecular Oncology Laboratory, DNA Repair & Genome Integrity Groups)
Empregando ingredientes que se atopan en calquera cociña, extraeremos con vós ADN de amorodos.
Con cultivos “coloreados” de bacterias poderemos ver como manipulando o xenoma somos capaces de modificar algunhas das características dos seres vivos. Pequenos cambios no “código” fan que cambie a súa cor. - "ADN, cromosomas e divisións celulares" (DNA Repair & Genome Integrity Group)
Neste obradoiro descubriremos os mecanismos de división celular eucariota utilizando técnicas de microscopía básica e modelos 3D de realidade aumentada. Grazas a estas técnicas poderemos comprender un dos procesos máis relevantes da vida, adaptándoo a todos os públicos. - "Nanociencia de cores: unha práctica para ver o invisible." (Nanomedicine and Drug Delivery Group)
Neste taller observaremos a formación de microcápsulas de cores a partir de alxinato de sodio e cloruro de calcio mediante o método coñecido como xelificación ionotrópica. O uso da esferificación está amplamente estendido na industria alimentaria e na medicina; neste último campo tamén se emprega para o encapsulamente de fármacos.
A Universidade de Santiago de Compostela é unha das entidades organizadoras.
Para máis información, por favor visita GNIGHT-GAL
