Ir o contido principal
Event

Máis dunha década de ciencia compartida en autismo: ASPANAES-GMX-CiMUS

Prof. Ángel Carracedo. Montse Fernández Prieto

Grupo de Medicina Xenómica, CiMUS

15 Maio 2025 16:00–18:30

Theatre room, CiMUS

Dende o ano 2012, o Grupo de Medicina Xenómica (GMX) e a Asociación ASPANAES manteñen unha colaboración activa e sostida que permitiu a participación significativa de persoas con  diagnóstico de Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) en numerosos proxectos de investigación. Esta colaboración foi clave para avanzar no coñecemento xenético do desenvolvemento. 


O TEA é un trastorno do neurodesenvolvemento que afecta á comunicación, a interacción social e o comportamento. Maniféstase de forma moi diversa entre as persoas, o que fai fundamental unha investigación ampla e personalizada. Comprender mellor as bases xenéticas e cognitivas do TEA non só permite avanzar no diagnóstico e a intervención clínica, senón tamén en promover unha sociedade máis inclusiva. A participación activa das persoas con TEA e as súas familias nos estudos científicos é clave para asegurar que os resultados da investigación sexan útiles, aplicables e respectuosos coa diversidade do espectro. 


Dende o comezo da investigación ASPANAES estivo presente en cada paso relevante. A implicación dos seus usuarios e usuarias foi fundamental para acadar avances concretos e sostibles na investigación do TEA e nos logros acadados no avance da medicina personalizada e da ciencia do Neurodesenvolvemento. Nesta última área de participación de ASPANAES nas nosas investigacións sobre os aspectos cognitivos do autismo, abarcaron dende o estudo do funcionamento executivo ata fenómenos máis complexos como a camuflaxe de rasgos autistas en persoas con TEA de alto funcionamento.


Co obxectivo de recoñecer e poñer en valor esta colaboración de máis de unha década, o próximo 15 de maio organizamos unha xornada de encontro e divulgación dirixida ás familias e persoas usuarias de ASPANAES. Nela presentaranse os principais hitos acadados nestos anos de traballo en común, así como os novos proxectos de futuro que reafirman o noso compromiso de colaboración.

O programa desta xornada inclúe:

16:00 h – Recepción de asistentes
16:15 h Investigación en xenética del TEA, Prof. Ángel Carracedo
17:15 h Cognición e autismo. Montse Fernández Prieto
18:00 h – Espacio de diálogo: ronda de preguntas
18:30 h – Peche e despedida


A jornada está dirigida exclusivamente a personas usuarias e familias vinculadas a ASPANAES. Para asistir, é necesario inscribirse previamente na ligazón proporcionada pola asociación. 

Inscricións a través do correo electrónico: administracion [at] aspanaes.org (administracion[at]aspanaes[dot]org) (ata cubrir aforo, priorizando personas asociadas) 

Acerca do CiMUS
O Centro conta co recoñecemento CIGUS da Xunta de Galicia (ED431G/2023/02) que acredita a calidade e impacto da súa investigación e está «subvencionado pola Consellaría de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e «co financiado pola Unión Europea» a través del Programa Galicia FEDER 2021-2027.