Ir o contido principal
Event

Mesa redonda: Construíndo xuntos a investigación en TEA

Aspanaes

Asperga

BarbanTEA

Federación Autismo Galicia

Fundación Menela

Genomics and Bioinformatics Group

9 Abril 2026 10:30–13:00

Theater room, CiMUS

O CiMUS celebra o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo


Con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo (2 de abril), o CiMUS celebrará un evento especial promovido polo comité de Diversidade, Equidade e Inclusión (DEI) do centro. Diversas asociacións de pacientes de Galicia uniránse a nós nunha mesa redonda, co obxectivo de compartir as súas experiencias e reforzar a colaboración na investigación biomédica.

PROGRAMA:

10:30 – Benvida e intervencións de apertura. Comité DEI do CiMUS e Grupo de Medicina Xenómica
10:45 – Presentación das asociacións de pacientes
11:00 – Mesa redonda (Parte I): O impacto da investigación realizada no CiMUS na vida dos pacientes
11:40 – Pausa para café e networking
12:00 – Mesa redonda (Parte II): Construíndo xuntos a investigación en TEA
12:40 – Peche da xornada
 

O evento está aberto á comunidade científica, pacientes, asociacións e público xeral interesado na temática. A asistencia é gratuíta, pero é necesaria inscrición previa debido ao aforo limitado.

RESERVA A TÚA PRAZA