Mesa Redonda: Día Mundial do ADN
Prof. Angel Carracedo Álvarez
Prof. Miguel G. Blanco
Prof. José Tubío
Prof. Ricardo Villa Bellosta
CiMUS (USC)
Theatre room, CiMUS
O CiMUS celebra o Día do ADN cunha charla inaugural do Dr. Ángel Carracedo e unha mesa redonda con destacados investigadores.
Co gallo do Día do ADN (25 de abril), o CiMUS da USC organiza unha xornada especial dedicada á divulgación científica e aos avances en xenómica.
O acto terá lugar o próximo 25 de abril no auditorio do CiMUS, e comezará ás 11:00 h cunha charla inaugural a cargo do Prof. Ángel M. Carracedo, un dos xenetistas máis recoñecidos a nivel internacional. A súa intervención, titulada "Do Proxecto Xenoma Humano ao Proxecto Xenoma de Galicia", abordará o camiño percorrido desde os primeiros mapas xenéticos globais ata as actuais iniciativas para estudar o xenoma da poboación galega, con implicacións directas en saúde e medicina personalizada.
Tras a conferencia, celebrarase unha mesa redonda que contará coa participación do propio Dr. Carracedo, e dos investigadores do CiMUS o Dr. José M. Tubío e o Dr. Miguel G. Blanco. O encontro estará moderado polo tamén investigador Dr. Ricardo Villa-Bellosta, quen ademais coordina a organización do evento.
Con este acto, o CiMUS reafirma o seu compromiso coa investigación de excelencia e a divulgación científica, convidando a toda a comunidade universitaria e ao público xeral a reflexionar sobre o impacto da xenética nas nosas vidas.

Facilitaranse certificados de asistencia previa solicitude a cimus.xestion [at] usc.es (cimus[dot]xestion[at]usc[dot]es). Prégase escribindo claramente o nome e apelidos na folla impresa.
