Ir o contido principal
Conference

Modelo de transferencia e colaboración do CSIC

Ana Castro

Jesús Martinez La Fuente

Eduardo Oliver

Vicepresidenta de Innovación y Transferencia del CSIC

Coordinadores de la RST Biomed del CSIC

15 Abril 2026 12:00–13:00

Theatre room, CiMUS

Resumo

Presentación do modelo de transferencia e colaboración do CSIC, para coñecer as principais iniciativas do CSIC en materia de innovación e fomentar a cultura do emprendemento, incluíndo a Rede de Servizos para a Traslación Biomédica (RST Biomed).

Bio

Ana Castro é Vicepresidenta de Innovación e Transferencia no CSIC, onde lidera a estratexia institucional para fortalecer o ecosistema de innovación e de transferencia do coñecemento. Con máis de 30 anos de traxectoria no ámbito da química médica, desenvolveu e dirixiu proxectos tanto na contorna académica como no industrial. Desde o seu nomeamento como Vicepresidenta Adxunta de Transferencia do Coñecemento en marzo de 2021, impulsou políticas orientadas á valorización da ciencia e o seu impacto na sociedade. O seu enfoque céntrase en fomentar a colaboración público-privada, apoiar o emprendemento científico e facilitar a transferencia do laboratorio ao mercado..

Jesús Martínez de la Fuente é Profesor de Investigación do CSIC no Instituto de Nanociencia e Materiais de Aragón (CSIC) e co-cordinador da Rede de Servizos para a Translación Biomédica (RST Biomed). Creou o grupo BIONANOSURF en Zaragoza en 2007, sendo recoñecido internacionalmente polo deseño de nanomateriales para a súa aplicación no campo da terapia e o diagnóstico, cun enfoque particular na biofuncionalización de nanopartículas con moléculas bioloxicamente relevantes. Ten máis de 280 artigos en revistas de alto impacto con máis de 18.000 citas. Alén de todo isto, actualmente é inventor de 9 patentes e foi promotor de 3 empresas spin-off.

 

Eduardo Oliver é Científico Titular no Centro de Investigacións Biolóxicas Margarita Salas do CSIC e co-coordinador da Rede de Servizos para a Translación Biomédica (RST Biomed). No CIB lidera un grupo de investigación enfocado en comprender as bases moleculares das enfermidades cardiovasculares e da circulación pulmonar para a procura de novas dianas e estratexias terapéuticas innovadoras. É autor de máis de 60 publicacións científicas en revistas de alto impacto e é inventor de 3 patentes. Liderou varias iniciativas entre as que destaca CERU, RAICEX e a Asociación Ciencia no Parlamento, a cal preside desde 2023.

 

Modera: Mabel Loza, Directora científica do CiMUS e Investigadora principal do grupo Pharmacology Applied to Drug Discovery, CiMUS.

Aforo limitado, rexistro necesario: Conferencia presencial – Completar o formulario 

Os certificados de asistencia facilitaranse a posteriori da conferencia, previa solicitude a través do correo electrónico cimus.xestion [at] usc.es (cimus[dot]xestion[at]usc[dot]es). Por favor, non esqueza introducir o seu nome e apelidos completos na folla de rexistro durante a conferencia.