Ir o contido principal
CiMUS Lecture

Neuronal circuits underlying maternal dietary habits and the programming of offspring health

Roberta Haddad-Tovolli

Neuronal Control of Metabolism laboratory, Institut d´Investigacions Biomèdiques August Pi i Sunyer (IDIBAPS)

27 Outubro 2023 10:00–11:00

Theatre room, CiMUS

Resumo:

As adaptacións fisiolóxicas e conductuais da nai durante o embarazo e a lactación establécense para proporcionar unha contorna adecuada para o correcto crecemento e crianza do bebé. As alteracións deste delicado equilibrio durante períodos críticos do desenvolvemento embrionario e perinatal poden influír para sempre na predisposición a enfermidades nos primeiros anos de vida e na idade adulta. Nesta charla, describirei os nosos últimos achados sobre como os hábitos dietéticos desequilibrados da nai, incluíndo a exposición a HFD, os antoxos de comida e o consumo de emulsionantes inflúen directamente no desenvolvemento de centros neuronais clave que controlan a alimentación e o metabolismo, así como o seu impacto na saúde neuropsiquiátrica. Concluirei a charla con novos datos nos que mostramos que a deficiencia de ferro durante a vida perinatal inflúe directamente na maduración das neuronas POMC, destacando un novo período fundamental para o ferro no desenvolvemento hipotalámico.

 

Bio:

Roberta é Doutora en Neurociencia pola Universidade de Heidelberg (Alemaña). Realizou un postdoctorado na Universidade de Campinas (Brasil) co Prof. Dr. Licio Velloso e posteriormente no grupo de Control neuronal do metabolismo de Barcelona co Dr. Marc Claret, onde foi bolseira Marie Curie. Está a crear o seu propio grupo centrado na neurobiología do cerebro feminino, con especial interese nos mecanismos neuronais que subxacen aos cambios nos comportamentos ingestivos durante os distintos estados fisiolóxicos femininos e o seu impacto neuropsicolóxico e metabólico transgeneracional. No seu último traballo informou de que o sistema dopaminérgico hedónico sofre unha modulación funcional dinámica durante o embarazo, subxacente aos episodios de ansia pola comida, e chamou a atención tanto da comunidade científica como do público en xeral.

 

Anfitrión: Miguel López.

Facilitaranse certificados de asistencia previa solicitude a cimus.xestion [at] usc.es (cimus[dot]xestion[at]usc[dot]es). Rógase ter en conta a inscrición escribindo claramente o nome e apelidos na folla impresa. Non nos faremos responsables de modificar os rexistros de quen non o faga.