A perspectiva de xénero na investigación
Teresa Moure Pereiro
Professor of General Linguistics of USC and Centro de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) Director.
Theatre room, CiMUS
Ciclo de conferencias sobre Equidade de xénero e Inclusión
Segunda charla do Ciclo de conferencias sobre equidade de xénero e inclusión organizado polo CiMUS.
Resumo:
Lonxe dunha concesión aos movementos sociais, as análises de xénero constitúen unha corrección metodolóxica que se imprime á tarefa investigadora para proxectar as hipóteses sobre a diversidade do real. O concepto de Gendered innovation, incluído na axenda 2030, está a producir grande impacto na ciencia básica e aplicada, na tecnoloxía e, de modo xeral, na construción dun modelo de coñecemento democrático e afinado, que poida enfrontar os retos da nosa época.
Bio:
Profesora Titular de Lingüística Xeral, Teresa Moure é Directora do CIFEX (Centro de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero) e membro da Academia Galega da Língua Portuguesa onde traballa na Cátedra UNESCO de Multilingüismo. A súa investigación céntrase en Ecolingüística e Epistemoloxía da linguaxe. Paralelamente, como escritora ten obtido diversos premios e as súas obras están traducidas a varias linguas.
Facilitaranse certificados de asistencia previa solicitude a cimus.xestion [at] usc.es (cimus[dot]xestion[at]usc[dot]es). Rógase ter en conta a inscrición escribindo claramente o nome e apelidos na folla impresa. Non nos faremos responsables de modificar os rexistros de quen non o faga.