Ir o contido principal
Lecture

¿Quén investiga, quén publica e quén recibe o mérito?

Valentina Colistro

Profesora Adjunta Medicina Preventiva y Social

Facultad de Medicina, Universidad de la República. Uruguay.

8 Outubro 2026 12:00–13:00

Theater room, CiMUS

II Ciclo de Conferencias sobre Equidade de Xénero e Inclusión 

Na segunda charla do II Ciclo de Conferencias sobre Equidade de Xénero e Inclusión, Valentina Colistro presentará a súa charla titulada "Inequidades na práctica científica desde a perspectiva de xénero na Facultade de Medicina (Uruguai)”, na que se analizará como as desigualdades de xénero e de categoría académica inflúen na participación, no recoñecemento e na produción científica dentro dun instituto de investigación fortemente feminizado.

 

Bio: 

Valentina Colistro é Doutora e posúe un Máster en Ciencias Biolóxicas polo PEDECIBA-Universidade da República. Actualmente desempeña o cargo de Profesora Adxunta na Unidade Académica de Medicina Preventiva e Social da Facultade de Medicina. A súa principal liña de investigación é a Epidemioloxía das Enfermidades Complexas. Ocupou cargos en organismos estatais e internacionais. Forma parte da Comisión de Xénero da Facultade de Medicina e coordina unha liña de investigación centrada nas inequidades na práctica científica e no acceso diferencial a oportunidades desde unha perspectiva de xénero.

 

Organizado polo Comité de Diversidad, Equidad e Inclusión do CiMUS.

Facilitaranse certificados de asistencia previa solicitude a cimus.xestion [at] usc.es (cimus[dot]xestion[at]usc[dot]es). Prégase escribir claramente o nombre e apelidos na folla de rexistro impresa. Non modificaremos os rexistros de quen non o faga.