Seminario: "Toxicoloxía experimental co modelo de C. elegans"
Patricia Pereira
Universidade Federal do Rio Grande do Sul. Brasil
Theatre Room, CiMUS
Resumo:
O Laboratorio de Neurofarmacología e Toxicoloxía Preclínica (LABNET/UFRGS) desenvolve investigacións na área de farmacoloxía e toxicoloxía experimental, a través de probas con roedores e o nematodo Caenorhabditis elegans para a avaliación de produtos naturais, compostos illados e compostos sintéticos. Utilizamos diferentes cepas de C. elegans para a avaliación de parámetros de toxicidade como supervivencia, desenvolvemento, estrés oxidativo.
Bio:
Patricia Pereira é licenciada en Farmacia pola Universidade Federal de Santa María (1994), máster (1997) e doutoramento (2002) en Ciencias Biolóxicas: Bioquímica pola Universidade Federal de Rio Grande do Sul. Foi coordinadora do Programa de Posgraduado en Ciencias Biolóxicas: Farmacoloxía e Terapéutica (2016-2018), UFRGS, no que supervisa estudantes de máster e doutoramento. As súas liñas de investigación inclúen investigacións na área de farmacoloxía do sistema nervioso central e toxicoloxía básica de produtos naturais e sintéticos, en roedores e o modelo C. elegans.