Ir o contido principal
Lecture

Sexo, xénero e medicina

Victor Arce Vázquez

Professor of the Department of Physiology at USC

21 Novembro 2023 13:00–14:00

Theatre room, CiMUS

Ciclo de conferencias sobre Equidade de xénero e Inclusión

 

Terceira charla do Ciclo de conferencias sobre equidade de xénero e inclusión organizado polo CiMUS.

Resumo:

O obxectivo principal da medicina de xénero é analizar como os factores biolóxicos (determinantes do sexo) e sociais (determinantes do xénero) inflúen na saúde das persoas, o que fai necesaria a introdución da perspectiva de xénero na prevención, manexo e tratamento de calquera enfermidade.

Bio:

Víctor Arce Vázquez é Profesor Titular do Departamento de Fisioloxía da Universidade de Santiago de Compostela. É autor de máis de 50 publicacións científicas e colaborou en 25 capítulos de libros. Foi invitado como relator en 13 congresos nacionais e 5 internacionais. Ademais, como director de estudantes de doutoramento, dirixiu 10 teses de doutoramento.

 

Facilitaranse certificados de asistencia previa solicitude a cimus.xestion [at] usc.es (cimus[dot]xestion[at]usc[dot]es). Rógase ter en conta a inscrición escribindo claramente o nome e apelidos na folla impresa. Non nos faremos responsables de modificar os rexistros de quen non o faga.