Single Cell Multiomics
Aida Freire
BD Senior Single Cell Solution Architect
Theatre room, CiMUS
O sistema BD Rhapsody™ é ideal para estudar a heteroxeneidade celular, combinando nun mesmo ensaio a análise da expresión xenética de cada célula individual coa expresión proteica de marcadores de interese. A sesión presentará o fluxo de traballo, as súas capacidades e aplicacións, e rematará cun quenda de preguntas e coa posibilidade de comentar demos de proxectos coa especialista.
O sistema destaca por manter a integridade da mostra mediante unha tecnoloxía delicada que evita perdas e permite recuperar mesmo células fráxiles. Ofrece unha alta capacidade de procesamento —ata millóns de células e un 80% de captura— e un control visual do fluxo de traballo que optimiza tempos, custos e decisións antes da secuenciación.
Axenda
- BD Rhapsody HT Single‑Cell Analysis System — Aida Freire, BD Senior Single Cell Solution Architect
- Resumo: Solucións para superar as limitacións na análise de Single Cell
- Novas aplicacións: CITE‑Seq intracelular, ATAC‑Seq multiome e máis
- Explora o Spatial: Preparación de librarías Trekker con BD Rhapsody
- Quenda de preguntas — Sesión de Q&A
- Consulta personalizada — Indica no rexistro se che gustaría comentar o teu proxecto demo coa especialista
Nunha data posterior á realización deste seminario (aínda por determinar), un equipo de demostración estará dispoñible no centro para os grupos interesados.
As persoas interesadas poden rexistrarse neste evento cubrindo o seguinte formulario: https://lp.bd.com/202409-BDB24-IBE_EN-Research-Awareness-SCM-LP_LP-EN-01-MainLP.html
Proporcionaranse certificados de asistencia previa solicitude en cimus.xestion [at] usc.es (cimus[dot]xestion[at]usc[dot]es). Non esquezas introducir o teu nome e apelidos no documento que se entregará durante a sesión.
