Ir o contido principal
Course

Universidade de Verán 2026 | New Trends in Biomedicine IV

13/07 08:45 - 17/07/2026 14:30

Theatre Room, CiMUS

NEW TRENDS IN BIOMEDICINE (IV Edición) 

O curso de verán New Trends in Biomedicine chega á súa cuarta edición dentro dos curos da "Universidade de Verán 2026" da Universidade de Santiago de Compostela. Está organizado polos IPs do CiMUS Anxo Vidal e Manuel Collado. 

Este curso propón unha actualización completa dos coñecementos máis recentes neste ámbito en constante evolución. Abordaranse temas como a bioloxía das células nai, a edición xenética, os novos modelos experimentais, a química biolóxica ou o papel da intelixencia artificial na investigación biomédica. O obxectivo é ofrecer unha visión global dos avances que están transformando o estudo e o tratamento das enfermidades. As sesións serán impartidas por expertos de recoñecido prestixio e, debido ao seu carácter internacional, o curso desenvolverase en galego, español e inglés. 

Para máis información sobre o programa e a matrícula (do 14/05 ao 03/07/2026) no curso, visita a web: New Trends in Biomedicine IV