Xornada de Inteligencia Artificial y Neurociencia
Juan Romero Cardalda & Miguel Ángel Casal Santiago
Theatre Room, CiMUS
- Xornada de Inteligencia Artificial y Neurociencia -
Programa:
Intelixencia Artificial básica para Neurocientíficos
12:00-13:00 h
Poñente invitado: Juan Romero Cardalda. Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e Comunicacións CITIC, Universidade de A Coruña. Investigador Principal PhotoIlike.com
Resume:
Na conferencia abordaranse algunhas nocións básicas de intelixencia artificial (IA). Exploraranse dúas técnicas, inspiradas na natureza e relacionadas coa Neurociencia: as redes neuronais artificiais (base da aprendizaxe profunda) e a computación evolutiva. Presentaranse algúns exemplos de IA e destacarase a súa rápida evolución nos últimos 5 anos grazas á creación de modelos computacionales máis complexos.
Bio:
Profesor Titular de Informática no CITIC (Universidade da Coruña). Fundador, principal accionista e responsable de investigación en PhotoIlike. Doutor en Informática desde 2002. Experto en IA aplicada á estética da imaxe. Presidente de máis de 10 eventos internacionais sobre a área. Editor de libros e revistas de referencia. Contratos de investigación con empresas como Microsoft. Mellor investigador en IA e computación evolutiva de Europa (2021).
Comprensión del sistema nervioso desde una perspectiva computacional
13:00-14:00 h
Poñente invitado: Miguel Ángel Casal Santiago. Laboratorio de Computación Neural, Istituto Italiano di Tecnologia, Xénova, Italia. Departmento de Informática, Bioinxeñería, Robótica e Inxeñería de Sistemas, University of Genova, Italia
Resume:
O sistema nervioso é complexo e pode abordarse desde a perspectiva do procesamento da información como un sistema que recibe, procesa e utiliza información do mundo externo para adoptar dinámicas de comportamento adecuadas. Durante esta conferencia abordaremos as capacidades de procesamento de información do sistema nervioso mediante análise computacionais.
Bio:
Máster en Sistemas Interactivos Intelixentes pola Universitat Pompeu Fabra e Doutor en Bioingeniería pola Universidade de Xénova no marco da rede de formación innovadora Neutouch financiada pola UE. Investigador no Instituto Italiano dei Tecnoloxía (Xénova, Italia) e axudante de investigación na Universitat Pompeu Fabra (Barcelona). Liñas de investigación: neurociencia computacional, sistemas complexos, bioloxía de sistemas.
Idioma: Castellano
Organizado polo Programa de Doutoramento de Neurociencia e Psicoloxía Clínica
Esta xornada está aberta a todos os investigadores e investigadoras interesad@s, aínda que non pertenzan ao Programa de Doutoramento organizador.
Rexístrate de antemán para asistir presencialmente: https://forms.office.com/e/jfU06rs7Rw
Para máis información e certificados de asistencia, por favor contactade con: pd.neurociencia [at] usc.es (pd[dot]neurociencia[at]usc[dot]es)