Ir o contido principal

Actividades formativas transversais

Woman in Science

No marco da celebración do Día Internacional da Muller o 8 de marzo e do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia o 11 de febreiro, o CiMUS organiza unha serie de charlas e obradoiros sobre o empoderamento das mulleres científicas ( Women in Science, Control release Society) . Organización de mesas redondas e debates sobre igualdade de xénero, logros e trabas na carreira científica das mulleres, dirixidas a distintos públicos (investigadores do centro e estudantes de institutos e universidades). Estas actividades compleméntanse con outras propostas divulgativas como obradoiros infantís e visitas escolares para fomentar as vocacións científicas ou a participación de mulleres científicas do centro na iniciativa “CONÓCELAS”, posta en marcha pola ASEICA para dar a coñecer as mulleres científicas que traballan na investigación do cancro.

Programas de Conferencias

O CiMUS conta con diferentes programas de congresos abertos a todo o persoal do centro, e mesmo doutros centros de investigación. Estas xornadas realízanse de forma presencial e en formato híbrido (presencial/videoconferencia) para favorecer a participación do maior número posible de investigadores. Estes programas van dende Fronteras na ciencia, onde nos visitan investigadores de renome internacional para impartir unha conferencia, pasando polos Seminarios CiMUS, onde investigadores externos son convidados polos nosos investigadores principais para presentar o seu traballo, ata CiMUS Update, onde novos investigadores principais que cando se incorporan ao centro, presentan as súas liñas de investigación ou Happy Fridays, onde os nosos predoutorais de último curso ou os nosos postdoutorais recentes presentan os seus traballos no laboratorio dun xeito relaxado.

Outra iniciativa é o Debate con Referentes, un ciclo de charlas en formato mesa redonda, na que participan prestixiosos científicos convidados xunto a investigadores e profesores de alto nivel, onde tamén poden participar novos científicos.