1. EMBO Lab Leadership Courses:
A empresa sen ánimo de lucro EMBO Solutions GmbH (propiedade de EMBO) oferta estes cursos que están deseñados para mellorar o liderado, a comunicación, a redacción científica, a integridade da investigación e outras habilidades profesionais que son fundamentais para unha carreira científica exitosa. Estes cursos están dirixidos a investigadores postdoutorais júnior e novos IP que desexen reforzar estes aspectos necesarios para un bo desenvolvemento profesional na súa carreira científica.
https://lab-management.embo.org/
2. The PaperMill workshops:
Co fin de facilitar a mellora das competencias transversais dos científicos posdoutorais e dos investigadores principáis júnior, o CiMUS ofrece varios cursos impartidos por The Paper Mill e dirixidos a manter a formación continua dos investigadores:
"Managing myself & working with my team: A skills upgrade (Postdocs Edition & Group Leaders Edition)", o obxectivo deste obradoiro é abordar as necesidades cambiantes de investigadores cada vez máis cualificados con cada vez máis responsabilidades e presións. Este curso está dirixido a IPs júnior e Postdoctoutorais senior a piques de converterse en IPs.
"Oral Presentations: Beyond slides". Este obradoiro explora conceptos e ferramentas clave para deseñar e realizar presentacións científicas. Aprenderás a crear e ofrecer presentacións orais de historias convincentes, tendo en conta tanto o contexto como o público.