Platelet Proteomics
As plaquetas son pequenas células anucleadas que circulan polo sangue e desempeñan un papel central na hemostase, axudando a reparar calquera dano vascular mediante a formación dun tapón vascular. Desde un punto de vista patolóxico, a activación plaquetaria está na base das enfermidades trombóticas e cardiovasculares, hoxe recoñecidas como a principal causa de mortalidade no mundo occidental.
O grupo de Proteómica Plaquetaria, dirixido polo Prof. Ángel García, forma parte tamén do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS). No noso grupo, empregamos actualmente unha combinación de tecnoloxías de proteómica xunto con bioloxía molecular e aproximacións funcionais para estudar os mecanismos de activación plaquetaria en diversas condicións fisiolóxicas e patolóxicas. Centrámonos no estudo de plaquetas sas e doentes co obxectivo de identificar novos biomarcadores e dianas terapéuticas que poidan axudar a tratar e/ou diagnosticar aquelas enfermidades nas que a activación plaquetaria non desexada desempeña un papel relevante, como os síndromes coronarios agudos, así como investigar condicións asociadas a un risco aterotrombótico, como a obesidade. Ademais, na actualidade estamos a procurar inhibidores de pequenas moléculas fronte a algunhas das dianas máis interesantes identificadas mediante proteómica. Así mesmo, estudamos as vesículas extracelulares como fonte de biomarcadores en enfermidades relacionadas coas plaquetas, e realizamos estudos funcionais plaquetarios in vitro e ex vivo para o seguimento da formación do trombo e das interaccións plaqueta–célula endotelial en distintas condicións fisiolóxicas e patolóxicas.
O grupo Platelet Proteomics completou o proxecto de Proba de Concepto “Antiagregantes plaquetarios inhibidores del receptor de colágeno GPVI para medicina antitrombótica de precisión”, que foi financiado no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), a través dos fondos europeos Next Generation EU, destinados a promover a innovación, a transferencia de coñecemento e a valorización dos resultados da investigación.

Video divulgativo: http://tv.usc.es/mmobj/index/id/2862
Para máis información do grupo, por favor, visita a páxina: http://www.usc.es/biofarma/WebAngel/home.htm

-
Liñas de investigación
-
Membros
-
Publicacións seleccionadas
-
Resultados seleccionados
-
Proxectos
-
Patentes
Liñas de investigación
Our research focus on the study of platelets and extracellular vesicles in those pathologies where an unwanted platelet activation plays a role, such as obesity and coronary artery disease. This is done by a combination of proteomic and functional approaches. The aim is to investigate platelets at molecular level to identify novel biomarkers and drug targets that may help to treat/diagnose atherothrombosis. Potential drug targets identified by proteomics are being investigated since a pharmacological point of view to find small molecules that can inhibit/modulate them.
Membros
Publicacións seleccionadas
High-throughput screen identifies MAS9 as a novel inhibitor of the C-type lectin receptor-2 (CLEC-2)-podoplanin interaction
Towards standardization and a concerted vision for platelet proteomics research: communication from the ISTH SSC subcommittees Models of Thrombosis and Hemostasis, Platelet Physiology and Predictive and Diagnostic Variables in Thrombotic Disease
Platelet Lipidome Fingerprint: New Assistance to Characterize Platelet Dysfunction in Obesity
The PI3Kδ Inhibitor Idelalisib Diminishes Platelet Function and Shows Antithrombotic Potential
Phosphoproteomic Analysis of Platelets in Severe Obesity Uncovers Platelet Reactivity and Signaling Pathways Alterations.
Deciphering the secretome of leukocyte-platelet rich fibrin: towards a better understanding of its wound healing properties.
A Comprehensive Tyrosine Phosphoproteomic Analysis Reveals Novel Components of the Platelet CLEC-2 Signaling Cascade
Role of SHP2 (PTPN11) in glycoprotein VI-dependent thrombus formation: Improved platelet responsiveness by the allosteric drug SHP099 in Noonan syndrome patients.
