Programa de Mecanismos Moleculares
O Programa de Mecanismos Moleculares investiga os mecanismos moleculares de enfermidades crónicas (obesidade e metabolismo, cardiovascular, neuroloxía e cancro). A presenza de mecanismos comúns e interaccións entre estas enfermidades resulta cada vez máis evidente, mecanismos comúns que poderán ser abordados de maneira óptima mediante a interacción dos diferentes grupos de investigación deste programa.
Programa Integrativo Traslacional
O Programa Integrativo Traslacional investiga novos fármacos e novas estratexias terapéuticas (drug screening, nanodelivery, medicina xenómica, teragnóstica…). Os grupos estratéxicos que compoñen este programa incrementarán o potencial traslacional dos grupos do primeiro programa e doutros grupos asociados co centro a través de redes e consorcios nacionais e internacionais arriba indicados, potenciando o tránsito cara a unha medicina de precisión.
| Genomics and Bioinformatics - Ángel Carracedo Álvarez (Programme Coordinator) | |
| Epitranscriptomics & Ageing - Diana Guallar | |
| Mobile Genomes - José Manuel Castro Tubío |
| Molecular Pharmacology of G protein-coupled receptors - Marián Castro | |
| Pharmacology Applied to Drug Discovery - Mabel Loza | |
| Pharmacology of Chronic Diseases - Dolores Viña Castelao |
| Biomaterials & Drug Delivery - Marcos García Fuentes | |
| Nanomedicine and Drug Delivery - M Jose Alonso Fernández | |
| Natural Polymers and Biomimetics - Noemí Csaba |
| Molecular Imaging Biomarkers and Theragnosis Lab - Pablo Aguiar | |
| New Approaches in Radiotherapy - Yolanda Prezado |
