O director do departamento de Ciencias da Vida no Centro de Supercomputación de Barcelona e investigador do ICREA (Institución Catalá de Investigación e Estudos Avanzados) impartirá unha conferencia este venres, 23 de xaneiro, ás 13 h, no Theatre room do CiMUS (Avenida de Barcelona, s/n, Santiago de Compostela).