5ª Andaina Solidaria AECC #SantiagoEnMarcha Contra o Cancro
Paseo central da Alameda, Santiago de Compostela

Santiago de Compostela acolle este 26 de setembro a 5ª edición da Andaina Solidaria En Marcha contra o cancro, organizada pola Xunta local de Santiago da Asociación Española contra el Cáncer (AECC)). O percorrido de cinco kilómetros comenzará ás 10:00 horas na Alameda e pasará polo campus universitario antes de voltar ao comenzo.
Trátase, segundo indican dende a entidade, “dun punto de encontro deportivo e social, de celebración en familia cos teus amigos e veciños, para apoiar a loita contra o cancro e disfruta tamén dunha zumba solidaria. Ademais, haberá unha "corner" divulgativa, que permitirá aos veciños composteláns colaborar na investigación contra o cancro".
Percorrido
O percorrido é de 5 km con comezo e final no Paseo Central da Alameda. Saída dende la Alameda, seguindo o Paseo da Ferradura, Avda. de Compostela, Avda. das Burgas, Avda. do Profesor Legaz Lagambra, e continuando pola Avda. de Antonio Raimundo Ibáñez, bordeando a fonte e voltando á Avda. de Compostela para acceder á Alameda, chegando á meta, situada no mesmo lugar da saída. O circuíto repetirase 2 veces.
CiMUS
O CiMUS colabora un ano máis de maneira activa con esta cita e participará na esquina divulgativa "Ciencia para todos" posterior á andaina, con actividades e obradoiros para o conxunto da poboación, que serán impartidos por investigadores de distintos centros de investigación da cidade. En particular, o noso centro presentará varios obradoiros para todos os públicos.
Esperámosvos alí, así que non deixedes de camiñar connostro contra o cancro este sábado 26 de setembro!!
Máis información aquí- INSCRICIÓNS:
https://enmarcha.contraelcancer.es/es/evento/santiago-de-compostela-en-marcha-contra-o-cancro-2026/
Os fondos recaudados nesta iniciativas irán destinados á investigación oncolóxica e a continuar ofrecendo os programas e servizos gratuitos da Asociación Española Contra o Cancro en Santiago.
