Ir o contido principal
Institucional

Ángel Carracedo, Premio Nacional de Investigación pola súa traxectoria científica

  • Comparte o recoñecemento concedido polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades coa directora do iMATUS da USC, Carmen Álvarez, na área de materiais biomédicos

  • O premio está dotado con 30.000 euros

     

A "excelencia científica e a contribución ao avance do coñecemento" no ámbito da medicina forense e a xenómica do investigador do CiMUS da USC Ángel Carracedo foron recoñecidas polo MInisterio de Ciencia, Innovación e Universidades (MICIU) con Premio Nacional de Investigación 2026. Un mérito que comparte, entre outros, con outra investigadora da USC, a directora do Instituto de Materiales (iMATUS), Carmen Álvarez, no campo dos materiales biomédicos. 

 

Estos premios recoñecen o labor de aquelas persoas investigadoras españolas cunha destacada traxectoria científica en diferentes disciplinas de coñecemento. Os 10 premios outorgados polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades están dotados dunha cuantía económica de 30.000 euros cada un.

Premio Nacional de Investigación Gregorio Marañón 

A Área de Medicina e as Ciencias da Saúde é unha das máis significativas dentro destes galardóns. Este ano o Premio Nacional de Investigación Gregorio Marañón, foi concedido ao investigador principal do CiMUS, pola súa destacada traxectoria no ámbito da medicina forense e a xenómica.  

Con este recoñecemento, o CiMUS da USC suma dous Premios Nacionais de Investigación concedidos a investigadores do centro. Ademais de Ángel Carracedo, foi distinguida María José Alonso en 2021 co Premio Nacional de Investigación Juan de la Cierva na área de Transferencia de Tecnología

Este feito supón un salto cualitativo máis na traxectoria do CiMUS, que “se congratula por tan significativo recoñecemento e felicita ao noso investigador principal”, cara a excelencia científica e o seu posicionamento como centro de referencia, no só en Galicia, senón a nivel nacional e internacional. Cofinanciado con fondos europeos e pertencente á Rede CIGUS da Xunta de Galicia, o centro singular da USC é tamén unidade de excelencia "María de Maeztu" da Alianza SOMMa.