Ir o contido principal
Científica Transferencia

A Asociación Española de Cavernomas doa 1.500 euros ao CiMUS da USC para apoiar a investigación neste campo

O CiMUS da USC acaba de recibir da Asociación Española de Cavernomas unha doazón por valor de 1.500 euros destinada a apoiar a investigación sobre os cavernomas que se está a levar a cabo desde o grupo que coordina o investigador principal Juan Zalvide.

Desde este Centro Singular agradecemos profundamente o compromiso e a xenerosidade da Asociación Española de Cavernomas, así como o apoio dos seus socios, familiares, amigos e colaboradores. A súa contribución impulsa a investigación e axuda a avanzar no coñecemento dos cavernomas e na procura de novas estratexias para a súa abordaxe.