Chamada do CiMUS á carreira investigadora
- O centro singular da USC ofrece, durante o vindeiro mes de xullo, 14 bolsas a estudantes de grao que desexen aproximarse á investigación.
O CiMUS da USC abre a VII edición do seu Programa de Bolsas de Verán «CiMUS Summer School», ofrecendo 14 bolsas dirixidas a estudantes de grao que desexen ter a súa primeira experiencia investigadora no Campo de Ciencias da Vida. As bolsas teñen como obxectivo a financiación de estadías de investigación no centro singular durante o vindeiro mes de xullo.
Durante a estadía do 1 ao 31 de xullo, os candidatos seleccionados terán a oportunidade de desenvolver un breve proxecto de investigación baixo a supervisión dun investigador principal do centro enmarcado dentro dos dous programas de investigación: Mecanismos moleculares das enfermidades crónicas (obesidade, metabolismo, neuroloxía e cancro) e Novos fármacos e novas estratexias terapeúticas (cribado de fármacos, nano-entrega, medicina xenómica e radioteragnóstica).
O obxectivo é que os estudantes se integren nunha contorna de investigación dinámica e competitiva e traballen en temáticas na fronteira do coñecemento. Ademais, poderán participar en todas as actividades científicas do centro.
- O prazo remata o día 22 de maio ás 23:59 h.
Máis información aquí, na sección de ofertas de emprego, nas bases reguladoras da convocatoria ou enviando un e-mail a: cimus.xestion [at] usc.es (cimus[dot]xestion[at]usc[dot]es) co asunto [SUMMER2024].
- ACTUALIZACIÓN
- (25/06/2024)- Lista definitiva de concesión de las becas de verano
- (19/06/2024) - Lista de concesión de bolseiros de verán
- (13/06/2024) -Lista de admitidos e excluídos