Ir o contido principal
Científica Institucional

Comezan os bolseiros da sétima edición do programa de bolsas de verán "CiMUS Summer School"

O CiMUS da USC recibe aos 13 estudantes beneficiarios da sétima edición do seu programa de bolsas de verán "CiMUS Summer School". Fíxoo cun acto de benvida na que o equipo de dirección do centro aproveitou para felicitar aos recén chegados, animándoos a aproveitar esta experiencia investigadora, seguido dunha visita polas instalacións. 


Os alumnos seleccionados incorpóranse así á actividade habitual do CiMUS, onde realizarán as súa estadía investigadora durante o mes de xullo en colaboración con distintos grupos de investigación participantes nesta edición. Ademais de pertencer á USC, entre os bolseiras participantes desta sétima edición hai alumnos procedentes da Universidad de Barcelona, a Universidad de Vigo, a Universidad Jaume I de Castellón e a Universidad Autónoma de Barcelona
Supervisados polos investigadores principais do CiMUS, a través do programa de bolsas de verán "CiMUS Summer School" os estudantes terán o seu primeiro contacto coa investigación, aprenderán a utilizar equipamento e poderán participar nas distintas actividades científicas programadas no centro ao longo deste mes, incluíndo seminarios internos ou conferencias con expertos de primeiro nivel.  

Máis info sobre o Programa de bolsas de verano aquí.