Ir o contido principal
Científica

Enquisa para avaliar a camuflaxe social vencellada ao TEA no entorno familiar

  • Adaptando e validando o cuestionario CAT-Q-ES a través do Grupo de Medicina Xenómica do CiMUS da USC
  • Nesta iniciativa poderán participar as nais e pais de mozos de entre 12 e 18 anos, teñan ou non diagnóstico de TEA sen discapacidade intelectual

O grupo de investigación en cognición, xénero e neurodesenvolvemento, liderado por Montse Fernández Prieto do grupo de Medicina Xenómica do CiMUS da USC, está a adaptar e validar o cuestionario CAT-Q-ES para familias. Trátase dunha ferramenta de apoio ao diagnóstico de autismo que mide a camuflaxe de trazos autistas en contextos de interacción social.  

Nesta iniciativa poderán participar todos os pais e nais de mozas de entre 12 e 18 anos, teñan ou non diagnóstico de trastorno do espectro autista (TEA),  completando e difundindo a enquisa anónima aloxada na seguinte ligazón:

 https://redcap.link/catqesparental