Ir o contido principal
Divulgación

A ‘G-Night’, unha “ponte” entre a cultura científica e a sociedade

  • A comunidade científica galega dá pulo á Noite europea das persoas investigadoras o vindeiro 30 de setembro cun diverso programa integrado por relatorios e obradoiros de divulgación científica  
  • Desde o CiMUS organizaranse dous obradoiros centrados na ‘Biotecnoloxía na cocina’  e na ‘Fabricación do propio anticorpo’

 

 

A Noite europea das persoas investigadoras ‘Gnight’ desenvolverase o venres 30 nas cidades galegas baixo o lema ‘Conciencias creativas’ coa vontade de levar a ciencia ás rúas. No caso da USC, decenas de obradoiros de divulgación científica e relatorios diversos ateigarán o claustro do Colexio de Fonseca en Compostela, así como o Vello Cárcere de Lugo. Desde o CiMUS impulsaranse os obradoiros ‘Biotecnoloxía na cocina’ e o taller ‘Fabrica o teu propio anticorpo’ no que as persoas participantes poderán construír o seu propio anticorpo e levalo consigo. 

“A Gnight é unha iniciativa europea que se desenvolve de xeito simultáneo en toda Europa”, explica o coordinador da iniciativa en Compostela,  profesor da USC e investigador CiMUS, José A. Costoya. “Queremos conectar a cultura científica co resto da sociedade, ser unha especie de ponte”, engade para logo subliñar que esta é unha iniciativa na que está involucrada o conxunto da comunidade científica galega.

 

Accións programadas

Serán os grupos Molecular Oncology Laboratory e DNA Repair and Genome Integrity Lab os encargados de impartir o obradoiro de 'Biotecnoloxía na cociña' no que os asistentes poderán extraer ADN empregando utensilios que se poden atopar facilmente nunha cociña.

O taller 'Fabrica o teu propio anticorpo', estará coordinado polo grupo Genomes & Disease. Nel, as persoas participantes poderán construir, empregando cartas de baralla e paliños de xeado, o seu propio anticorpo para despois comprobar que microbio pode destruir. Ademais desta parte máis práctica, haberá outra máis teórica na que os investigadores explicarán a distintos niveles, para qué serven os anticorpos, cómo os empregan no seu día a día e os sus usos para tratar enfermidades como o cancro.

 

Para máis información: gnight.gal