Homenaxe a María José Alonso no instituto IES de Carrizo, que leva o seu nome
- Na xornada de hoxe tivo lugar o evento oficial con presenza, entre outros, da directora do CiMUS da USC, Mabel Loza
O Instituto de Educación Secundaria Santa María de Carrizo, da localidade leonesa Carrizo da Ribeira, pasou a denominarse Doutora María José Alonso. O centro educativo adopta así o nome dunha das súas veciñas máis ilustres, a científica María José Alonso, quen naceu neste municipio en 1958 e converteuse en referente da investigación española e Premio Nacional de Investigación 2021.
A Consellería de Educación da Xunta de Castela e León celebrou hoxe un acto de homenaxe con este motivo cunha visita ao centro e reunión posterior co alumnado; e o evento oficial de cambio de nome no Centro de Cultura de Carrizo. A investigadora principal do CiMUS, María José Alonso, estivo acompañada, entre outros, pola directora científica do CiMUS, Mabel Loza, en representación do centro.

María José Alonso agradece este recoñecemento, afirmando que "ningún me chegou ao corazón como me chegou este. A calor e agarimo do meu pobo fanme inmensamente feliz. O paso polo instituto foi a razón de ser da miña carreira".
