Científica
A investigadora predoutoral CiMUS, Cristina de Jesús Sen, galardonada co premio da EDIUS ‘Three Minute Thesis’ da USC
A investigadora predoutoral, Cristina de Jesús Sen, do grupo de MitoPhenomics Lab, coordinado pola IP Aurora Gómez Durán, foi galardonada co premio da EDIUS ‘Three Minute Thesis’ da Universidade de Santiago celebrado en xuño.
Cristina xa conseguira o premio á Mellor Comunicación Xoven convocada pola SEBBM co patrocinio da Fundación BBVA na súa primeira convocatoria en 2023 (Congreso SEBBM, Zaragoza)