José Ramón González Juanatey do CiMUS da USC, membro do Comité de Dirección da World Heart Federation
José Ramón González Juanatey, investigador principal do grupo Cardiovascular Area do CiMUS da USC, foi elixido recentemente membro do Comité de Dirección da World Heart Federation para o período 2025-2027. Da súa man, España xogará un papel clave no fortalecemento da saúde cardiovascular a nivel global como representante de máis de 200 sociedades científicas neste importante foro internacional.
A través do grupo do CiMUS que coordina busca contribuír á identificación de moduladores epixenéticos asociados á fisiopatoloxía das enfermidades cardiovasculares e os seus factores de risco, co obxectivo de identificar novos biomarcadores e dianas terapéuticas que contribúan a unha mellor estratificación e unha mellor abordaxe dos pacientes cardiovasculares.