Jose Tubío do CiMUS da USC, Biólogo do Ano
- O Colexio Oficial de Biólogos de Galicia recoñece os seus traballos sobre ADN móbil e cancro.
- Será homenaxeado, cos demais premiados, nun evento conmemorativo o vindeiro 15 de maio, Día do/a Biológo/a.

O Colexio Oficial de Biólogos de Galicia (COBGA) vén de outorgar o premio Biólogo do Ano a Jose M. C. Tubío en recoñecemento polos seus traballos seminais sobre ADN móbil e cancro, e por descubrir novos procesos mutacionales causados polos retrotransposóns en tumores humanos.
Premio ASEICA Young investigator Award (2020), XI Premio Nacional de Investigación en Cancro “Doutores Diz Pintado” (2021), III Premio Internacional a talentos novos en Oncoloxía “Ramiro Carregal” (2022). Recentemente, o seu traballo sobre ADN móbil e cancro (enteiramente realizado en Galicia) foi publicado na revista Science.
O investigador do CiMUS da USC, que dirixe o grupo Xenomas Móbiles, considera esta distinción “un dos premios máis desexados e importantes da miña carreira e unha gran honra ó tratarse dun recoñecemento dos colegas de profesión”.
O COBGA celebrará o Día do/a Biólogo/a no Hotel Louxo La Toja (A Toxa – O Grove) o vindeiro venres 15 de maio. Unha ocasión que aproveita para compartir experiencias e, especialmente, para recoñecer e agradecer o seu esforzo a aqueles colexiados e colexiadas que levan xa 25 anos na entidade. Este ano entregaranse, ademais, as seguintes distincións: Biologo do Ano ao investigador do CiMUS, Bióloga do Ano a Mónica Fernández-Aceytuno; Empresa do Ano á compañía biotecnolóxica LONZA, Institución do Ano ao CRDOP Arzúa-Ulloa, PEME do Ano para a Cooperativa Viña Costeira, Startup do Ano a ODS Protein, Premio a proposta de Comunicación do COBGA para o xornalista de La Voz de Galicia, Raúl Romar e, por último, farase unha distinción especial para Francisco Juan Martínez Mojica como figura clave da microbioloxía moderna, que recibe o recoñecemento de Membro de Honra.

