Ir o contido principal
Científica

O CiMUS acolle o sexto curso formativo da ITN Drug Train

 

O CiMUS da USC acolleu durante a xornada de hoxe o sexto curso de formación da ITN Drug Train. Durante o encontro abordáronse temas como a Visión sobre os novos campos da investigación europea de man dun ex director xeral de Investigación e Agricultura da Unión Europea como é José Manuel Silva; o impacto da xenómica e outras grandes iniciativas sanitarias españolas de man do xefe de grupo, Ángel Carracedo; do cribado de reemprego de fármacos á proba de concepto en humanos, impartido polo investigador Manuel Collado; a reutilización de medicamentos: o novo método de elección para crear novos medicamentos? de man do director de Asociacións Público Privadas de Fundación Kaertor, Antonio Gómez, e a experiencia de redacción de subvencións da ERC e a comunicación científica coa nova xefa de grupo do CiMUS, Yolanda Prezado.

Os asistentes puideron visitar ademais a Plataforma de descubrimento de fármacos Innopharma, a cal incrementou a súa capacidade e competitividade internacional recentemente mediante a adquisición/actualización de equipamento científico-técnico e a creación de postos de traballo de persoal especializado no manexo das novas tecnoloxías.