Ir o contido principal
Científica

O CiMUS da USC é o principal centro de investigación en Galicia en atracción de financiamento competitivo en cancro

O compromiso do CiMUS da USC coa investigación contra o cancro queda recollido no informe Radiografía sobre o estado da investigación en cancro en Galicia que acaba de presentar a Asociación Española Contra o Cancro (AECC), sendo o principal centro de investigación en Galicia en atracción de financiamento competitivo en cancro, obtendo nos tres anos analizados 51 proxectos.

O informe, levado a cabo pola Fundación Científica da Asociación, pon de manifesto que Galicia é a terceira comunidade autónoma cun maior número de casos de cancro, evidenciando a necesidade de crear redes de traballo e fomentar máis a colaboración entre os investigadores.

Durante a presentación destacouse o investimento do territorio en innovación, sendo a sétima Comunidade con maior investimento en I+D+i. Ademais é tamén onde se atopan case o 5% dos investigadores de toda España e onde hai rexistradas 148 patentes, das que 16 son sobre cancro.

Dende o CiMUS queremos agradecer á AECC a elaboración deste magnífico informe e a súa axuda tanto na nosa labor investigadora como á de conexión coa sociedade.

PARA CONSULTAR O INFORME COMPLETO: CLICAR AQUÍ